ARRIBA ESE ÁNIMO!

Estes nenos e nenas que temos na Xunqueira sacan un sorriso a calquera. Nestes días están a facer unha chea de cousas nas súas casas. Mirade, mirade!

Alicia fixo un colar de clips moi orixinal, estivo acabando con todo tipo de virus e decorou a súa terraza cunha raiuela.

Uxía fíxolle ao seu pai unha tarxeta preciosa, cociñou empanadillas e un biscoito . Ademáis ensinounos como fixo os esquemas, un marcapáxinas e un debuxo que lle quedou máis que precioso.
 




Rafa está a facer uns audios moi interesantes que recomendo que escoitedes! Tamén envíanos un esquema e unha festividade que creou baixo o título "O día do diamantito.



 Facede clic Programa Rafa 1    Programa Rafa 2

Candela fixo un pastel cunha pintaza tremenda!


Hugo fixo xunto coa súa irmá este marco tan xenial para o seu pai. Debeulle encantar!


Antón impresionounos cos seus baile na casa e enviounos algún dos esquemas que está a facer.
     


Carla fixo uns deseños preciosos na súa casa.
          



BICOS E APERTAS PARA TOD@S!!!




APRENDEMOS UNHA CANCIÓN PARA OS PEQUES DO COLE!

Os nenos de 5º de Infantil van a iniciarse co estudo das partes do corpo, e falando coa súa mestra decidimos que para que fora máis motivante os nenos e nenas de 4º encargariámosnos de aprender unha canción relacionada. Así foi, nos puxemos mans a obra e gravamos un vídeo coa canción do grupo Migallas "O corpo". O pasamos pipa e seguro que eles tamén! Agora quédanos pendente facer a actuación en directo na súa clase.


TAREFAS SEGUNDA SEMANA

Ola nenos e  nenas de 4º! Aquí deixámosvos a tarefa da semana do 23 ao 27 de marzo. 


A Deputación de Pontevedra ofrece este calendario por se queredes botarlle un ollo, é moi interesante!
CALENDARIO PRIMARIA 

Tamén engadimos unha tarefa para ler e facer (quen queira) moi chula!

Moito ánimo rapaces, traballade moito que nun intre nos vemos! Un bico moi moi forte.

TAREFAS SUSPENSIÓN DAS CLASES

Ola nenos e nenas de 4º! Aquí deixamos a tarefa para a próxima semana (do 16 ao 20 de marzo). Soamente a tedes que descargar e imprimila. A profe de inglés tamén adxuntou varias fichas para facer. 


Se rematades a tarefa, vos adxuntamos unha serie de enlaces relacionados con contidos que estamos a traballar.

Viva o ENTROIDO!

O venres pasado celebramos o ENTROIDO no colexio e para ese día tan festeiro, os nenos e nenas de cuarto preparamos o noso disfrace. Disfrazámonos do pirata Barba Ciega e fixemos nas aulas todo o que  o protagonista do conto,que estamos a traballar en Educación Emocional, leva. Fixemos ao loro Plumas (o seu condicional amigo),os dous parches e preparamos a vestimenta tal cual a leva el (rosa e negra). O pasamos moi  moi ben e degustamos todos os postres típicos que fixeron as nosas familias.
Que viva o ENTROIDO!!!


Día Escolar da non Violencia e da Paz

O pasado xoves, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz no cole. Durante o mes de xaneiro, estivemos a preparar moitas actividades. Fixemos un mural,relacionado co proxecto que estamos a traballar do pirata Barba Ciega, no que puxemos mensaxes bonitas en botellas de vidro (non de plástico). A nivel centro preparamos unha morea de cousas:pintamos a Fervelliño con cores que nos transmiten paz, fixemos un manifesto para ler o propio día e  puzzles para decorar polos corredores. Ademáis coa profe de música (Ana) os nenos/as do cole aprenderon unha canción moi bonita que ela mesma compuxo.