O pasado xoves, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz no cole. Durante o mes de xaneiro, estivemos a preparar moitas actividades. Fixemos un mural,relacionado co proxecto que estamos a traballar do pirata Barba Ciega, no que puxemos mensaxes bonitas en botellas de vidro (non de plástico). A nivel centro preparamos unha morea de cousas:pintamos a Fervelliño con cores que nos transmiten paz, fixemos un manifesto para ler o propio día e puzzles para decorar polos corredores. Ademáis coa profe de música (Ana) os nenos/as do cole aprenderon unha canción moi bonita que ela mesma compuxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario