ARRIBA ESE ÁNIMO!

Estes nenos e nenas que temos na Xunqueira sacan un sorriso a calquera. Nestes días están a facer unha chea de cousas nas súas casas. Mirade, mirade!

Alicia fixo un colar de clips moi orixinal, estivo acabando con todo tipo de virus e decorou a súa terraza cunha raiuela.

Uxía fíxolle ao seu pai unha tarxeta preciosa, cociñou empanadillas e un biscoito . Ademáis ensinounos como fixo os esquemas, un marcapáxinas e un debuxo que lle quedou máis que precioso.
 




Rafa está a facer uns audios moi interesantes que recomendo que escoitedes! Tamén envíanos un esquema e unha festividade que creou baixo o título "O día do diamantito.



 Facede clic Programa Rafa 1    Programa Rafa 2

Candela fixo un pastel cunha pintaza tremenda!


Hugo fixo xunto coa súa irmá este marco tan xenial para o seu pai. Debeulle encantar!


Antón impresionounos cos seus baile na casa e enviounos algún dos esquemas que está a facer.
     


Carla fixo uns deseños preciosos na súa casa.
          



BICOS E APERTAS PARA TOD@S!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario