SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Ola nenos e nenas! Unha semana máis temos tarefa que facer. Calquera dúbida que teñades xa sabedes que nolas podedes facer chegar. 
A continuación, adxuntamos as tarefas:
  1. Tarefas da semana. Na área de Sociais como vai a ser un rexistro dos contaxios por Coronavirus, tedes que estar atentos para  atopar os datos no telexornal, en internet, na radio...   TAREFAS
  2. Tarefas de Música.  Envíanos a profe Ana.  TAREFAS MÚSICA
  3. Tarefas de Inglés. A profe Bea envía a seguinte tarefa INGLÉS e podedes seguir empregando os distintos links que vos mandou a primeira semana para poder repasar e ter unha pequena axuda.
  4. Enlaces  que tamén vos poden interesar das áreas coa profe Judit e Ana:
Por último, dicir que como para a vindeira semana é Semana Santa non enviaremos tarefa ata o martes, 7 de abril. Calquera dúbida que teñades de calquera materia, os profes estamos a vosa disposición.
Un bico e aperta moi moi forte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario