Ola nenos e nenas! Unha semana máis temos tarefa que facer. Calquera dúbida que teñades xa sabedes que nolas podedes facer chegar.
A continuación, adxuntamos as tarefas:
- Tarefas da semana. Na área de Sociais como vai a ser un rexistro dos contaxios por Coronavirus, tedes que estar atentos para atopar os datos no telexornal, en internet, na radio... TAREFAS
- Tarefas de Música. Envíanos a profe Ana. TAREFAS MÚSICA
- Tarefas de Inglés. A profe Bea envía a seguinte tarefa INGLÉS e podedes seguir empregando os distintos links que vos mandou a primeira semana para poder repasar e ter unha pequena axuda.
- Enlaces que tamén vos poden interesar das áreas coa profe Judit e Ana:
Por último, dicir que como para a vindeira semana é Semana Santa non enviaremos tarefa ata o martes, 7 de abril. Calquera dúbida que teñades de calquera materia, os profes estamos a vosa disposición.
Un bico e aperta moi moi forte.















