Onte os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º fomos á Praza de toros de Pontevedra a ver unha exhibición da Policía Nacional. Fixeron varios simulacros do que fan día a día e quedamos máis que abraiados. Amosamos uns anacos a continuación.
24 de outubro, Día da Biblioteca
Hoxe, 24 de outubro, celébrase o día da Biblioteca e para lembrar este día dende a biblio do cole propúxose que o alumnado plasmara nun debuxo en forma de libro a portada do seu libro favorito ou a súa personaxe favorita xunto cunha pequena descrición. Poderedes ver unha mostra dalgúns deles a continuación.
Este ano 2019, o Ministerio de Cultura e Deporte incorpora o lema "aptas para todos os públicos" co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.








Novo intruso na aula!
Convertémonos en PIRATAS!
Este curso divertirémonos sendo auténticos piratas e que mellor forma que comezar por convertirnos neles. Aquí amosamos as fotos dos alumnos e alumnas por grupos de traballo.
Repasamos lingua castelá con estacións de aprendizaxe.
Hoxe estivemos a repasar distintos contidos de lingua castelá pero dunha maneira diferente. Creamos cinco estacións de aprendizaxe e cada grupo tiña que rotar por cada unha delas ata rematar o circuíto. As estacións estaban relacionadas cos seguintes contidos:
1. As sílabas (separación de palabras, sílaba tónica e recoñecemento de palabras agudas, llanas e esdrúxulas).
2. Parchís de antónimos.
3. Sinónimos a contrarreloxo.
4. Suxeito e predicado.
Xa estamos en cuarto!
Vos presentamos as dúas clases de cuarto! Inaguramos un novo curso con moita ilusión e con moitas ganas de aprender e como non, de vivir moitas aventuras como piratas.
Plantamos lentellas!
En Ciencias da Natureza estamos a traballar as plantas, e a mellor forma de observar como crecen e as características que presentan é plantando. Por equipos estivemos a plantar lentellas. Pronto veremos a evolución!
Traballamos en EQUIPO!
Nas aulas de 4º estamos sentados por equipos, unha forma de traballar que custa bastante pero que pouco a pouco conséguese . Aquí amosamos algunhas das imaxes nas que traballan codo con codo para realizar distintas tarefas, dende facer un simple exercizo de buscar no dicionario ata un ditado explosivo con todo o grupo.
Agudas, llanas e esdrúxulas.
Os nenos e nenas de 4º estamos a traballar a sílaba tónica e a acentuación das palabras. Para iso, case todos os días temos como rutina ler unhas palabras e marcar cos pés a sílaba átona e coas mans a tónica. Unha forma diferente que a eles lles encanta. Tamén facemos algún traballiño relacionado con isto nos nosos cadernos.


Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
































