Repasamos lingua castelá con estacións de aprendizaxe.

Hoxe estivemos a repasar distintos contidos de lingua castelá  pero dunha maneira diferente. Creamos cinco estacións de aprendizaxe  e cada grupo tiña que rotar por cada unha delas ata rematar o circuíto. As estacións estaban relacionadas cos seguintes contidos:
1. As sílabas (separación de palabras, sílaba tónica e recoñecemento de palabras agudas, llanas e esdrúxulas).
2. Parchís de antónimos.
3. Sinónimos a contrarreloxo.
4. Suxeito e predicado.
5. Palabras polisémicas.










   



No hay comentarios:

Publicar un comentario