24 de outubro, Día da Biblioteca

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o día da Biblioteca e para lembrar este día dende a biblio do cole propúxose que o alumnado plasmara nun debuxo en forma de libro a portada do seu libro favorito ou a súa personaxe favorita xunto cunha pequena descrición. Poderedes ver unha mostra  dalgúns deles a continuación.

Este ano 2019, o Ministerio de Cultura e Deporte incorpora o lema "aptas para todos os públicos" co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.

 

 

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario