OBRADOIROS E PREPARATIVOS DO NADAL!

Este ano todo o colexio fixo obradoiros relacionados co Nadal. Os nenos e nenas de 3º e 4º mesturámonos e participamos en  obradoiros de cociña en inglés, manualidades, bailes e distintos xogos. Tamén fixemos unha merendola e coma todo os anos visitáronos os Reis Magos, que ilusión! 
O diferente foi que, grazas a profe Bea que nos cedeu un palomitero, fixemos palomitas e celebramos as nosas doce badaladas. Mirade, mirade! 
Tod@s os desexamos unhas felices festas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario