Nestes meses algúns nenos e nenas visitáronnos para expoñer algúns traballos que fixeron sobre contidos que estudaron nas súas clases, relatos que xurdiron de forma espontánea nas súas casas e queren compartir cos seus compañeiros para botar a voar a imaxinación ou ben para recomendar algún libro interesante.
Valeria explícanos a función de nutrición das plantas mediante un traballo precioso que elaborou na súa casa.
Antón mostrános unha planta que reacciona ao contacto.
Mariña recoméndanos o libro de Amelia Earhart, unha aviadora estadounidense moi famosa polas súas marcas de voo e por intentar facer a primeira viaxe aéreo ao redor do mundo.
Sofía explícanos o Sistema Solar que fixo na súa casa con todos os planetas e os materiais que empregou para elaboralo.
Bruno leunos unha historia de medo que inventou na súa casa e que dividiu en catro partes moi interesantes.





No hay comentarios:
Publicar un comentario