25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Fai unhas semanas que comezamos a traballar nesta data tan importante cun libro moi interesante que se titula "Cuando las niñas vuelan alto". Traballamos as mensaxes que transmiten e opinamos ao respecto. Ademais, unimos ao mural do corredor, pegadiños as siluetas dos dereitos dos nenos, as ás que os nenos e nenas fixeron nas súas casas representando os soños que teñen cada un deles. 


Dende a biblioteca do cole propúxose tamén unha actividade moi bonita, traballar a palabra RESPECTO nas aulas e escribir nun globo o que para eles significa.



   










20 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Onte, 20 de novembro, foi o día dos dereitos dos nenos e nenas e  fixemos unhas siluetas nas que os dereitos formaban o contorno deles. Tamén cantamos a canción "Xuntos UNICEF" que lles encanta.

Plantamos castañas!

En Ciencias da Natureza traballamos as plantas e a súa  función de reprodución, e o pasado xoves e venres tivemos a oportunidade de axudar aos máis pequenos do cole a plantar castañas. Ademáis de aprender cal era o proceso para que poida xerminar unha castaña ,foi unha experiencia moi divertida e estivemos encantados de poder axudalos.



Daniela e a súa guitarra

Hoxe Daniela trouxo a guitarra e quiso deleitarnos con algunha peza. A continuación, amosamos un pequeno vídeo dela. Moi ben Daniela, encantounos!



EXPRESIÓN ORAL

Tanto en Ciencias da Natureza como en Ciencias Sociais estamos a traballar con esquemas mentais que permiten visualizar e memoriar dunha maneira divertida os contidos a tratar. Ao mesmo tempo, a expresión oral dos nenos e nenas mellora.  

FERVELLIÑO SUPERHEROE!

No cole, a través de Voz Natura, estamos a traballar para reducir o uso do plástico. O slogan que temos e queremos que se faga visible en todo o centro é "CO PLÁSTICO POUCA BROMA". O primeiro que fixemos foi disfrazar a Fervelliño (a mascota da biblioteca) de SUPERHEROE. Aquí unha mostra do que fixeron os alumnos/-as.






Montamos a ruleta.

Hoxe, os nenos e nenas de cuarto, nun oco que tivemos montamos unha ruleta que nos vai dar moito xogo ao longo do curso para facer moitas actividades distintas dependendo dos contidos que estemos a traballar.  Deixamos un pequeno vídeo no que veredes a montaxe da ruleta. Temos moitos/-as manitas! 

Visitas e moita imaxinación.

Nestes meses algúns nenos e nenas visitáronnos para expoñer algúns traballos que fixeron sobre contidos que estudaron nas súas clases, relatos que xurdiron de forma espontánea nas súas casas e queren compartir cos seus compañeiros para botar a voar a imaxinación ou ben para recomendar algún libro interesante.



           Valeria explícanos a función de nutrición das plantas mediante un traballo precioso que elaborou na súa casa.



Antón mostrános unha planta que reacciona ao contacto.


Mariña recoméndanos o libro de Amelia Earhart, unha aviadora estadounidense moi famosa polas súas marcas de voo e por intentar facer a primeira viaxe aéreo ao redor do mundo.


 Sofía explícanos o Sistema Solar que fixo na súa casa con todos os planetas e os materiais que empregou para elaboralo.


Bruno leunos unha historia de medo que inventou na súa casa e que dividiu en catro partes moi interesantes.





Preparativos SAMAÍN

Ao longo deste mes os nenos e as nenas de cuarto estivemos a preparar todo o relacionado co Samaín, unha festa que nos encanta. Nos puxemos mans á obra e decoramos as portas e as ventás. Tamén  na área de Plástica fixemos unhas casas encantadas e un mounstruos reciclando tubos de cartón e na área de Lingua Galega inventamos historias de medo para colgar no corredor.
O pasamos xenial!